RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril supera en Lugo ao Polvorín FC e encadea 2 triunfos consecutivos

O Fabril superou no campo lucense da Cheda ao Polvorín FC (1-2), nun partido que Mario Losada decidiu cos seus 2 goles, o segundo no minuto 84 de partido e con 1-1 no marcador.

A novidade na convocatoria do filial foi Youssouf Yalike (17 de xaneiro de 1999, Abiyán - Costa do Marfil). Chega ao mediocentro fabrilista para esta temporada e a próxima. Neste encontro non chegou a saltar ao terreo de xogo.

Co resultado deste encontro correspondente á 10ª xornada en Terceira División, o filial encadea 2 triunfos consecutivos por primeira vez esta temporada.

Desta forma, o Fabril suma 18 puntos e empolícase ás posicións altas da táboa.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Martí Vilà, Mujaid, Iago Parga, Gandoy, Javi Sánchez, Iago Novo, Mario Losada, Villares e Pedro. Tamén xogaron: Aarón Sánchez, Jawed Boumeddane e David Sánchez.

O UD Ourense será o próximo rival do Fabril, o domingo 3 de novembro ás 12:00.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1
Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1
Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-)