RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril tamén saca adiante os partidos que se atascan

O Fabril demostrou esta tarde en Abegondo ante o CD As Pontes (2-1) que é capaz de sacar adiante os partidos que se traban, que se complican aínda cando o rival, como este caso o cadro pontés, transite pola zona baixa da táboa no grupo 1º de Terceira División.

Pedro adiantou aos fabrilistas ao cuarto de hora. Pouco despois empatou o CD As Pontes, que mesmo desperdiciou un penalti na primeira metade, ben parado por Álex Cobo.

Na segunda parte, o asedio do Fabril foi de menos a máis e ao final, no minuto 81, obtivo o seu premio co gol do triunfo obra de Gandoy.

Co resultado deste encontro correspondente á 13ª xornada, o Fabril é 4º na táboa con 27 puntos, a só 1 punto da 3ª posición, agora en poder do CD Barco.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Martí Vilà, Bourdal, Parga, Kanoute, Javi Sánchez, Gandoy, Mario Losada, Aarón Sánchez e Pedro. Tamén xogaron: David Sánchez, Novo e Jawed Boumeddane.

A próxima fin de semana toca derbi na Coruña ante o Silva SD.

Os resultados do equipo que dirixe Luisito até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1
Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1
Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-)
Fabril 3 (Aarón Sánchez, Mario Losada e Iago Parga) - UD Ourense 1
CD Estradense 0 - Fabril 2 (Javi Sánchez e Pedro)
Fabril 2 (Pedro e Gandoy) - CD As Pontes 1