RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril vén sen premio do campo do Coruxo FC

De novo a sorte do fútbol deu as costas ao Fabril, que nun encontro igualado caeu (1-0) no campo do Vao ante o Coruxo FC. O choque corresponde á 10ª xornada no grupo 1º de Segunda División B.

O partido puido caer para calquera dos dous bandos, se por exemplo Víctor acertase unha clarísima oportunidade a porta baleira na primeira metade, con 0-0 no marcador. Si acertou Juampa no minuto 62 coa meta de Pedro López, un tanto que ao cabo foi definitivo no marcador.

Con este resultado, o Fabril queda con 4 puntos na zona baixa da clasificación.

Fabril: Pedro López, Quique Fornos, Lucas, Raúl González, One, Carlos López, Víctor García, Javi Cobo, Pedro, Montiel e Juanje. Tamén xogaron: Salles-Lamonge, May e Diego Villares.

O vindeiro domingo 4 de novembro, o filial deportivista recibe en Abegondo ao Rápido de Bouzas, a partir das 17:00 horas.

Así transcorre a temporada para o Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo FC 1 - Fabril 0