RCD / NOVAS

O Fabril visita ao Sporting Sada en Copa Deputación este mércores ás 20:00 horas

05/08/2019 18:45

Este mércores 7 de agosto, o Fabril xogará os cuartos de final da Copa Deputación ante o Sporting Sada.

O choque, gratuíto para os afeccionados, arrancará ás 20:00 horas no campo das Mariñas.

Até a data, o conxunto de Luisito apeou ao Brexo Lema SD (dezaseisavos de final) e ao San Tirso SD (oitavos).

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo do Monte (San Tirso), San Tirso SD 0 - Fabril 3 (Aarón, Pedro e un futbolista rival en propia porta)
Mércores 7 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, campo das Mariñas, 20:00 h: Sporting Sada - Fabril