RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril volve á competición con derrota ante o CD Estradense

O Fabril regresou esta mañá á liga sen disputar as dúas últimas xornadas. Así, o partido en Abegondo ante o Atlético Arnoia, da xornada 14ª, previsto para o sábado 4 de decembro, foi suspendido por un caso positivo de COVID no equipo ourensán. Agora será o Comité de Competición da Federación Galega o que fixe unha nova data unha vez que o permita a situación sanitaria do Atlético Arnoia. E o pasado mércores 8, día festivo, xogouse a 15ª xornada na que o Fabril tería que visitar na Coruña ao Silva SD. Este partido xogarase finalmente o mércores 22 de decembro ás 21.00 na Grela 1. Por conseguinte, o conxunto de Óscar Gilsanz volveu á competición en Abegondo ante o CD Estradense, en choque correspondente á 16ª xornada. O técnico fabrilista ademais viu como varios dos futbolistas cos que conta normalmente xogaron o pasado mércores co Xuvenil A en Haifa, no partido de volta da segunda eliminatoria da UEFA Youth League, caso de Brais Suárez, Dani Barcia, Juan Rodríguez, Nájera e Mella. Todos eles apenas se adestraron unha vez co Fabril esta semana, onte sábado.

Javi Sanmartín adiantou ao filial á media hora de xogo nunha primeira parte con poucas opcións de gol, todas iso si para os branquiazuis, caso de Fabio e Juan Cambón. Xusto nos mellores momentos do Fabril, o CD Estradense deulle a volta ao partido con dous goles de Edu Taboada, o último no tempo de desconto da primeira parte. Con este resultado chegouse ao descanso.

Na segunda parte o conxunto fabrilista quedou sen reacción. Óscar Gilsanz moveu o banco coa entrada de Nájera e Davo, pero a expulsión de Iano por dobre amarela case puxo a sentenza.

Con este marcador, o Fabril suma 21 puntos na zona media-alta, aínda que con dous partidos menos xogados que os seus rivais.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, David Suárez, Dani Barcia, Iano Simao, Fabio, Brais Val, Runy, Javi Sanmartín, Mella e Juan Cambón. Tamén xogaron: Nájera, Davo, Currás.

A próxima fin de semana, a Fabril visita ao Rápido de Bouzas no Baltasar Pujales.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Xuvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)
Fabril - Atlético Arnoia, aprazado
Silva SD - Fabril, o mércores 22 de decembro ás 21:00 na Grela
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2