RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O fabrilista Adrián incorporouse á pretemporada co primeiro equipo

O xogador do Fabril Adrián Castro, que a pasada temporada militou no Xuvenil A de División de Honra, incorporouse esta mañá aos adestramentos do primeiro equipo.

A sesión arrancou cun traballo de forza no ximnasio. A continuación, Pepe Mel dividiu ao cadro en dous grupos. Así, mentres un grupo realizaba traballo táctico no campo 2, o outro grupo tiña un exercicio de posesión e un roldo.

Un partido once contra once puxo o punto e final ao adestramento sobre o céspede.

Só adestráronse á marxe Luisinho, con tarefas de recuperación baixo a supervisión de Fran Molano; e Borja Galán, no ximnasio á espera de avaliación médica das súas molestias nos isquiotibiais da súa perna esquerda.

Tras a comida no Hotel Tryp Coruña (13:30 horas), o cadro regresará a Abegondo esta mesma tarde ás 19:00 horas.