RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O fabrilista Ismael está preconvocado por Panamá e Francis viaxe o luns a Nixeria

O fabrilista Ismael Díaz entrou na preconvocatoria de 35 xogadores de Panamá, de cara ao Campionato do Mundo de Rusia 2018.

A finais de maio, o seleccionador colombiano, Hernán Darío Gómez, fará pública a lista definitiva de 23 xogadores.

Panamá ten este calendario de partidos en Rusia:

Luns 18 de xuño
17:00. BÉLXICA - PANAMÁ, no Fisht Stadium de Sochi

Domingo 24 de xuño
15:00: INGLATERRA - PANAMÁ, en Nizhny Novgorod

Xoves 28 de xuño
21:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Arena de Saransk

O próximo 29 de maio, Panamá afronta un amigable ante Irlanda do Norte no Estadio Rommel Fernández de Cidade de Panamá.

O fabrilista Francis viaxe este luns 21 de maio a Nixeria

Após o partido do Fabril en Almendralejo de mañá domingo ante o Extremadura, correspondente á ida da primeira eliminatoria da Fase de Ascenso a LaLiga 1|2|3, o meta fabrilista Francis viaxa o luns 21 de maio á concentración de Nixeria para comezar así a preparación do Mundial.

O seleccionador nixeriano, o alemán Gernot Rohr, nomeou a 30 futbolistas, dos que sairá a lista definitiva de 23.

Nixeria ten este calendario de partidos en Rusia:

Sábado 16 de xuño
21:00: CROACIA - NIXERIA, no Kaliningrad Stadium

Venres 22 de xuño
18:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Arena

Martes 26 de xuño
21:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Ademais, o combinado nixeriano ten confirmados 3 partidos preparatorios: o venres 25 de maio en Abuia ante a República Democrática do Congo; o sábado 2 de xuño en Londres ante Inglaterra; e o mércores 6 de xuño en Austria ante a República Checa.

Krohn-Dehli, na antesala de Dinamarca

O deportivista Michael Krohn-Dehli entrou nunha primeira lista de Dinamarca.

O seleccionador danés, o noruegués Åge Hareide, dará a convocatoria definitiva de 23 futbolistas o 26 ou 27 de maio próximos.

Dinamarca ten este calendario de partidos no Mundial:

Sábado 16 de xuño
19:00: PERÚ - DINAMARCA, no Mordovia Arena (Saransk)

Xoves 21 de xuño
16:00. DINAMARCA - AUSTRALIA, no Samara Arena

Martes 26 de xuño
17:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)

Ademais, o combinado danés ten previsto disputar dous partidos de preparación, o luns 2 de xuño no Friends Area de Estocolmo (19:45) ante Suecia; e o luns 9 de xuño ante México no Brøndby Stadion (20:00) de Brøndby (Dinamarca).

Fede Valverde desprázase a próxima semana a Montevideo

O RC Deportivo recibiu a convocatoria oficial da Asociación Uruguaia de Fútbol para que Fede Valverde se incorpore á concentración preparatoria da selección celeste para o próximo Mundial.

O mediocentro deportivista viaxa este luns 21 de maio a Montevideo.

Uruguai ten este calendario de partidos no Mundial:

Venres 15 de xuño
17:00: EXIPTO - URUGUAI, no Ekaterinburg Arena

Mércores 20 de xuño
18:00: URUGUAI - ARABIA SAUDITA, no Rostov Arena

Luns 25 de xuño
18:00: URUGUAI - RUSIA, no Samara Arena

Ademais, ten confirmada a selección uruguaia un último amigable de preparación o xoves 7 de xuño ás 20:00 horas (hora local) no Estadio Centenario de Montevideo ante Usbequistán.

Celso Borges, xa en Costa Rica

A Federación Costarriqueña de Fútbol confirmou a convocatoria de Celso Borges.

O RC Deportivo atendeu á petición de Costa Rica e permitiu ao centrocampista branquiazul incorporarse á concentración da súa Selección Nacional a pasada semana.

Costa Rica ten este calendario de partidos no Mundial:

Domingo 17 de xuño
16:00: COSTA RICA - SERBIA, no Samara Arena

Venres 22 de xuño
15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Con anterioridade, o 3 de xuño, os 'Ticos' despediranse da súa afección antes de emprender viaxe a Europa cun amigable fronte a Irlanda do Norte en San José. Xa en Europa, mediranse a Inglaterra en Leeds (7 de xuño); e a Bélxica en Bruxelas (11 de xuño).