O fabrilista Pedro Correia representa ao Deportivo no Campionato de Europa sub-19, que arrinca o luns
O dianteiro do Fabril Pedro Alves Correia, que o ano pasado realizou a pretemporada co Deportivo, atópase este mes na cidade de Vaasa (Finlandia), concentrado coa selección portuguesa para disputar o Campionato de Europa sub-19.
Nesta competición participan as 8 mellores seleccións europeas, con moitas das grandes promesas do fútbol continental.
Portugal quedou encadrado na Primeira Fase no grupo A, con Finlandia, Noruega e Italia.
O calendario da selección lusa (en horario local) é o seguinte:
Luns 16 de xullo 14:00: NORUEGA - PORTUGAL
Xoves 19 de xullo 19:30: PORTUGAL - ITALIA
Domingo 22 de xullo 17:30: PORTUGAL - FINLANDIA
Os 2 primeiros clasificados xogarán as semifinais, que serán o xoves 26 de xullo ás 14:00 e 18:00 horas.
Finalmente, o terceiro do grupo disputarase co terceiro do grupo B unha praza para o próximo Mundial sub-20. Será ese mesmo xoves 26 (12:00 horas) na localidade de Seinajoki.