RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O FC Barcelona B en Abegondo será o primeiro rival do Deportivo ABANCA en Reto Iberdrola

A Real Federación Española de Fútbol fixo público hoxe mércores 21 de xullo o calendario de Reto Iberdrola ou Segunda División RFEF, competición na que participa o Deportivo ABANCA.

O equipo dirixido por Manu Sánchez comezará a temporada a fin de semana do 4 e 5 de setembro en Abegondo ante o FC Barcelona B e a concluirá tamén na Cidade Deportiva ante o Atlético de Madrid B o 29 de maio de 2022.

O último partido de 2021 será a fin de semana do 11 e 12 de decembro en casa ante o Levante Las Planas FC. Tralo parón do Nadal, a competición retomarase o 8 ou 9 de xaneiro de 2022 coa visita ao RCD Espanyol de Barcelona.

Apunta a Real Federación Española que de cara á temporada 2022-23 haberá unha nova reestruturación no fútbol feminino: a Primera Iberdrola terá unicamente 14 equipos (non os 16 que hai agora mesmo); e Reto Iberdrola quedará constituída nun só grupo de 16 equipos. Isto leva á creación dunha nova categoría, a Tercera RFEF, constituída por dous grupos de 16 equipos cada un.

Até a data, están confirmadas as seguintes futbolistas para a próxima temporada do Deportivo ABANCA:

-Porteiras: Ana Valles e María Sampalo

-Defensas: Cris, Patri López, Andrea Sierra, Inés Altamira e Goretti Neira

-Centrocampistas: Alba Merino, Eva Dios, Paula Gutiérrez, Alejandra Serrano e Jone Ibáñez

-Dianteiras: Ainhoa Marín, Carlota e María Ruiz