RCD / NOVAS

O FC Barcelona, rival do Dépor ABANCA en cuartos de final da Copa da Raíña

14/02/2020 12:35

O FC Barcelona será o rival do Deportivo ABANCA nos cuartos de final da Copa da Raíña, a partido único.

O choque xogarase o martes 25 ou o mércores 26 de febreiro, en hora por designar, no Estadi Johan Cruyff da Cidade Condal.

Ambos os equipos viron as caras en liga o pasado 24 de novembro, no feudo azulgrana, nun partido no que a pesar de que as branquiazuis deron a cara en todo momento resolveuse con vitoria do incontestable líder da Primeira Iberdrola (6-1), que só cedeu 2 empates nas primeiras 18 xornadas do campionato.

Así quedaron os emparellamentos de cuartos de final:

Athletic Club - CD Tacón
FC Barcelona - Deportivo ABANCA
Madrid CFF - Sevilla FC
EDF Logroño - Real Betis