RCD / NOVAS

O Girona FC aterra mañá xoves ás 21:30 no Aeroporto da Coruña

12/02/2020 11:00

O Girona FC, rival do Deportivo este venres 14 de febreiro en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Gol), ten previsto aterrar mañá xoves 13 de febreiro ás 21:30 no Aeroporto da Coruña, nun voo procedente de Barcelona.

Na cidade herculina, o hotel de concentración do conxunto deportivista será o Hotel Attica 21 (zona de Matogrande).