RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O III DéporCampus Cabreiroá As Pontes terá lugar do 24 ao 28 de xuño

As Pontes volverá organizar por terceiro ano consecutivo un dos DéporCampus Cabreiroá, grazas á colaboración entre o RC Deportivo, o CD As Pontes e o concello da localidade.

Á presentación do DéporCampus Cabreiroá 2019 das Pontes asistiron Antonio Alonso Román, concelleiro de Facenda, patrimonio, urbanismo e servizos; Xaime Castro Paz, presidente do CD As Pontes, Jesús Fernández López, vicepresidente deportivo, Antonio Paz García, vicepresidente económico e Rodrigo Fornos, directivo. En representación do RC Deportivo acudiu ao acto Pablo Barros, director dos DéporCampus Cabreiroá.

As Pontes será unha das sedes deste DéporCampus Cabreiroá 2019 cunha quenda, do 24 ao 28 de xuño. A Cidade Deportiva de O Poboado será o escenario deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse até o mediodía do xoves 20 de xuño.

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl