RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"O importante é que a xente que está aquí quere estar", destaca Borja Jiménez do seu cadro

Borja Jiménez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "estivemos até o último momento coa posibilidade de que puidese vir Lucas porque el expresara que era o seu desexo. A partir de que o vemos afastado activamos outras opcións. Ese posto de alá arriba ímolo a facer con Gorka, Max e Kuki. Estou contento de como se moveron Carlos Rosende e Juan Giménez, con todas as cousas que puideron facer, noutro área coa incorporación de Pablo Martínez. Agora que vaian ao verde e sacarlle rendemento, que iso xa é traballo noso. Eles dotáronnos das mellores posibilidades que consideraban e agora hai que sacarlles o máximo rendemento aos futbolistas".

O técnico deportivista opina que "ao dar continuidade a 12 xogadores tentas mellorar cos que non continuaron ou complementar cousas que crías que che faltaban. Incorporamos en todas as liñas diferentes xogadores, con diferentes perfís e temos que estar contentos. O transcurso dos partidos vainos a dicir se acertamos ou se non. Hai que sacarlle o máximo rendemento aos xogadores, ao cadro, que é amplo, e tentar estar arriba desde o primeiro momento, empezando por mañá".

Lembra que tanto Carlos Rosende como Juan Giménez "foron os encargados de confeccionar o cadro vendo as posibles debilidades que tivo o equipo o ano pasado. Detectaran que nalgún momento puntual do ano faltara experiencia e optouse por ese perfil de xogadores. Ou sexa que para adiante. A idade nisto do fútbol cada vez está máis que comprobado que só é un número. Non importa. Ao final son rendementos e é importante a experiencia; e iso dácho o poder vivir situacións similares ás que temos que vivir".

Insiste en que "hai que estar moi contento co esforzo que fixo o Club para tentar darnos as mellores armas para poder conseguir o obxectivo. Encantado de ter o cadro que temos, os xogadores que temos. O importante é que a xente que está aquí quere estar. Iso é o máis importante. Contento con como se pechou o mercado, co cadro que nos queda e estes son Os Nosos até o final ou polo menos até xaneiro seguro, cento por cento".

Do partido de mañá sábado 3 de setembro en ABANCA-RIAZOR ante a Balompédica Linense (19:30, TVG-2 e InStat.tv), advirte que "nos enfrontamos a un rival complicado, que xa o fixo moi ben o outro día contra un dos aspirantes a poder ser campión (o Real Madrid Castilla)".

Subliña o adestrador branquiazul que "se a semana pasada foron capaces de ser atrevidos, valentes, de apertar arriba ao rival, de asumir riscos no inicio co balón, nada me fai pensar que aquí se van a comportar doutra maneira. Ímonos a atopar un rival que che vai a dificultar o inicio porque teñen xogadores de bastante pé por dentro para roubar alto. Non sei se xogarán con dous puntas como o outro día ou meter a alguén máis de dentro de contención. Haberá que velos, pero si temos que ter claro, que vai ser unha constante durante todo o ano, que nos imos a atopar rivais de bastante dificultade cada semana. Temos bastantes equipos que imos loitar polo mesmo obxectivo e todo o que sexa a zona media alta deses postos de playoff vai estar moi igualada".

Destaca ademais da Balompédica Linense que "se reforzaron ben. Igual que nós deron continuidade ao proxecto, a xogadores, ao míster, que é coñecedor perfectamente da categoría. Será difícil, pero é que isto vai ser todas as semanas. Buscaremos as súas posibles debilidades onde as detectamos, tentaremos facerlles dano e sobre todo ser nós mesmos, que durante a pretemporada puidémolo ser. Temos bastante avanzado e o que queremos é xa competir".

Reitera nesta liña que "temos xa moitas ganas de empezar despois do que pasou a semana pasada (co adiamento do partido ante o DUX); así que contentos con como terminou o mercado e sobre todo con poder empezar xa, que é o que queriamos".

Non lle preocupa que apenas se falou esta semana do partido e ademais afirma que nestes días previos "fixemos 3 sesións moi boas. O equipo está moi mentalizado e con moitas ganas de competir, que xa as tiñamos a semana pasada e agora igual. Eu non estiven tan centrado no mercado como realmente no partido, que é o único que está nas miñas mans".

A piques de escoitar o asubío inicial, Borja Jiménez desexa "igualar os rexistros do ano pasado nas primeiras xornadas, diría que na primeira volta e en case todo o ano. Asinaría volver facer a mesma puntuación que fixemos o ano pasado. Achegaranos bastante ao obxectivo".

No entanto, sostén que "estamos nun novo ano, ante un grupo (o 1º de Primera RFEF) que aumentou a súa dificultade por 1.000 pola entidade dos rivais, por como está configurado, polos trastornos que van ser as viaxes, polo difícil que é gañar fóra de casa en toda aquela zona do sur de España, que eu xa o vivín. Espéranos un ano bastante máis difícil en canto ao que foi o grupo o ano pasado, por como se reforzaron os rivais, pola cantidade de rivais que hai coa mesma aspiración que temos nós, que é de ser campións. Imos tentar empezar ben gañando mañá e logo centrándonos en Mérida. Hai que ir partido a partido".

Mañá sábado en ABANCA-RIAZOR espera un ambiente "moi bo, como sempre aquí. #ANOSAFORZA nunca falla, por iso hai case 19.000 socios. Da afección non hai ningunha dúbida. Volverán ser os mellores durante todo o ano, como xa o foron o ano pasado. Despois do que pasou, a resposta que tiveron desde o día 1 podémolo ver no número de abonados que ten o Club. Son os únicos dos que non podemos dubidar".

A súa segunda temporada na Coruña, Borja Jiménez encáraa "con moitas ganas. Sorprendido por todas as mostras de apoio e de agarimo de #ANOSAFORZA despois da non consecución do obxectivo e coas mesmas ganas que o primeiro día que estaba aquí. Agora xa coñeces o club, coñeces todo o que hai ao redor, sabes como funciona todo, de que pé coxea cada un, onde se arrima cada un en cada momento. É ir coñecendo bastante todas as reviravoltas dun club moi grande. É un proxecto a longo prazo e o único que estamos a facer é volver tentalo, que o ano pasado quedóusenos a un suspiro".