O Infantil A desprázase esta fin de semana á localidade cántabra de Noja para participar na Villa de Noja Cup.
O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo 3, co Real Racing Club, Atlético Perines, Baskonia FE e Juventud Estadio.
O calendario de partidos do Infantil A é o seguinte:
Sábado 1 de xuño
9:00: INFANTIL A - JUVENTUD ESTADIO (campo de Meruelo)
10:20: INFANTIL A - ATLÉTICO PERINES (campo de Meruelo)
17:00: REAL RACING CLUB - INFANTIL A (campo Iván Pulido de Noja)
19:00: INFANTIL A - BASKONIA FE (campo de Meruelo)
O domingo 2 de xuño xógase a Fase Final. Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, a partir das 10:40; mentres que o resto de equipos pasan a unha Fase de Consolación, a partir das 9:00.
O Alevín B participa na 5ª edición da Xamón Cup en Calamocha (Teruel)
O Alevín B desprázase esta fin de semana á localidade de Calamocha (Teruel) para participar na 5ª edición da Xamón Cup.
O conxunto deportivista, na Primeira Fase, quedou encadrado no grupo B, co Vic Riuprimer REFO FC, Wakatake FC, Atlético de Madrid, Colegio Marianistas e SD Huesca.
O calendario de partidos da Primeira Fase do Alevín B, todos no campo 2 do Polideportivo Municipal de Jumaya, é o seguinte:
Sábado 1 de xuño
9:30: VIC RIUPRIMER REFO FC - ALEVÍN B
11:00: WAKATAKE FC - ALEVÍN B
15:00: ATLÉTICO DE MADRID - ALEVÍN B
16:30: SD HUESCA - ALEVÍN B
Domingo 2 de xuño
9:00: COLEGIO MARIANISTAS - ALEVÍN B
Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan ás 11:30. O resto de equipos pasan a unha Fase de Consolación segundo a súa clasificación, a partir das 11:00.
Cita para o Alevín A na Arousa Fútbol 7
O Alevín A ten esta fin de semana unha das citas estrela da súa programación de torneos amigables, a Arousa Fútbol 7 no campo municipal da Senra (Ribadumia).
O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo C, co Villarreal CF, AFC Ajax, Rayo Vallecano e ED Val Miñor.
O calendario do Alevín A na Primeira Fase é o seguinte:
Venres 31 de maio
11:20: ALEVÍN A - VILLARREAL CF
17:20: ED VAL MIÑOR - ALEVÍN A
Sábado 1 de xuño
16:15: AFC AJAX - ALEVÍN A
18:55: ALEVÍN A - RAYO VALLECANO
Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan o domingo 2 de xuño ás 10:00 horas; e o resto de equipos pasan a unha Fase de Consolación, tamén a partir desa mesma hora.