RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A acaba como campión o grupo norte da liga Galega

O Infantil A finalizou o grupo norte da Liga Galega como campión. Os branquiazuis, trala súa vitoria (5-0) ante a SD Viveiro A, sumaron 49 puntos, con ampla vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, o Bertamiráns FC.

Os pupilos de Darío Cotelo gañaron 16 partidos e unicamente empataron 1. Ademais, anotaron 98 goles e encaixaron só 5 dianas nesta primeira parte da temporada.

Agora, os 8 primeiros clasificados do grupo norte, xunto aos 8 primeiros equipos do grupo 2º (zona sur), acceden a unha Segunda Fase tamén en formato de liga a unha soa volta.

Zoe, Juan Barros -2-, Memet e Adrián foron os goleadores do Infantil A ante o SD Viveiro A.

Infantil A: Román, Zoe, Úbeda, Guerrero, Pablo Parada, Samuel, Ayana, Juan Barros, Javi Pita, Carballo e Diego Miranda. Tamén xogaron: Adrián, Lucas, Oreiro, Noe e Memet.

Os resultados do Infantil A no grupo norte da Liga Galega foron os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Infantil A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD Lugo 0
Victoria CF 2 - Infantil A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez)
Infantil A 11 (Zoe, Guerrero -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet) - EF Lalín 1
Infantil A 11 (Jorge García -6-, Samuel -2-, Carballo, Zoe e Javi Pita) - Galicia Caranza 0
San Tirso SD 0 - Infantil A 9 (Jorge García -3-, Guerrero -3-, Oreiro, Úbeda e Pablo Parada)
Infantil A 6 (Jorge García -3-, Lucas, Diego Miranda e Javi Pita) - Racing de Ferrol 0
Ural CF 0 - Infantil A 5 (Jorge García -3-, Pablo Parada e Noé)
Infantil A 2 (Jorge García -2-) - Bertamiráns FC 0
Sálvora CF 0 - Infantil A 8 (Óscar -3-, Úbeda -2-, Juan Barros -2- e Lucas)
Infantil A 5 (Samuel, Lucas, Zoe e Juan Barros -2-) - ED Xuventude de Oroso 0
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Infantil A 3 (Pablo Parada, Jorge García e Zoe)
Infantil A 2 (Dani Estévez e Jorge García) - CD Conxo Santiago 0
CD Calasanz 0 - Infantil A 6 (Dani Estévez, Beade -2-, Jorge García -2- e Guerrero)
Infantil A 9 (Guerrero -3-, Samuel -2-, Diego Miranda, Lucas -2- e Zoe) - SDCyR Narón O Freixo 1
Victoria FC 1 - Infantil A 1 (Ayana)
Infantil A 5 (Zoe, Juan Barros -2-, Memet e Adrián) - SD Viveiro A 0