RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A arrinca a Fase polo Título con triunfo en Nigrán

O Infantil A arrancou a Fase polo Título Galego cun contundente triunfo (0-5) en Nigrán ante o ED Val Miñor Nigrán, con goles de Mesfin -2-, Jorge García, Lucas e Samuel.

Ademais do conxunto deportivista, acceden a esta fase definitiva os 7 seguintes clasificados do grupo norte: Bertamiráns FC, ED Xuventude de Oroso, CD Conxo Santiago, CD Calasanz, Ural CF, CD Lugo e Victoria FC de Santiago.

E os 8 primeiros equipos do grupo sur: RC Celta, CD Areosa, ED Val Miñor Nigrán, Pabellón Ourense CF, EF Portero 2000, Pontevedra CF, UD Santa Mariña e Arosa SC.

O formato de competición será o de liga a unha soa volta. Non se tomarán en conta as puntuacións da primeira fase e, por conseguinte, todos os equipos iniciaron esta Fase polo Título Galego con 0 puntos, 3 xa para o Infantil A tralo seu paso por Nigrán.

Infantil A: Román, Zoe, Lucas, Guerrero, Dani Estévez, Pablo Parada, Ayana, Oreiro, Jorge García, Diego Miranda e Mesfin. Tamén xogaron: Úbeda, Mateo, Samuel, Hugo Torres e Javi Pita.

A próxima fin de semana, o Infantil A recibe en Abegondo ao UD Santa Mariña.