RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Infantil A comeza a liga cun cómodo partido en Carballo

O Infantil A comezou a súa participación no grupo norte da Liga Galega cun cómodo triunfo (0-7) en Carballo ante o Bergantiños CF, con tantos de Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo.

O encontro corresponde á 1ª xornada disputada a pasada fin de semana e que foi aprazado debido á participación do conxunto deportivista no Trofeo Internacional Ciudad del Calzado de Arnedo (A Rioxa).

Infantil A: Mateo, Zoe, Lucas, Úbeda, Dani Estévez, Pablo Parada, Ayana, Héctor, Oreiro, Jorge García e Noe. Tamén xogaron: Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Adrián e Hugo Sánchez.

Este domingo 15 de setembro o Infantil A disputa a 2ª xornada ligueira. O partido, co CD Lugo como rival, comezará ás 10:30 no campo 4 de Abegondo.