RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Infantil A debuta mañá venres en pretemporada co Torneo da AFAC

Intensa semana de amigables para diferentes equipos de #ANOSACANTEIRA, con partidos repartidos entre Abegondo, A Coruña, Viveiro e Vigo.

Mañá venres debuta en pretemporada o Infantil A de Liga Galega que dirixe Juan Villamisar. Será con motivo do Torneo da AFAC, nos campos de San Pedro de Visma na Coruña. O seu rival en semifinais será o CD Calasanz (17:00 horas).

O calendario semanal abriuno o pasado martes 14 de agosto o Fabril, que se impuxo (1-0) en Abegondo ao Rápido de Bouzas. Foi o primeiro dos dous amigables desta semana para o conxunto de Tito Ramallo, que o sábado se mide ao Arosa na Cidade Deportiva (19:00 horas), con entrada gratuíta para os afeccionados.

Tamén teñen cita de pretemporada: Deportivo ABANCA B, Xuvenil A, Cadete B, Xuvenil B e Cadete A, estes dous últimos equipos con motivo do Torneo da AFAC, en San Pedro de Visma.

O Xuvenil A ten dous compromisos.

En Viveiro o sábado, o equipo que prepara Javi Álvarez terá como rivais, no Memorial Marcos Gómez, a Viveiro, Oviedo e Celta. Os partidos terán unha duración de 45 minutos. E en Vigo o domingo 19, cun novo amigable ante o CD Valladares, club de Rexional Preferente.

O calendario de partidos amigables confirmados a día de hoxe é o seguinte:

Segunda División B
Xogado o pasado martes: FABRIL 1 (Lucas) - RÁPIDO DE BOUZAS 0

FABRIL - AROSA, o sábado 18 de agosto ás 19:00 en Abegondo

Categoría feminina
CCAR VALLADARES - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 19 de agosto ás 17:00 no campo da Gándara (Valadares - Vigo)

Categoría xuvenil
Memorial Marcos Gómez, en Viveiro
Sábado 18 de agosto
11:00: XUVENIL A - VIVEIRO
17:00: XUVENIL A - OVIEDO
19:00: XUVENIL A - CELTA

CD VALLADARES (Rexional Preferente) - XUVENIL A, o domingo 19 de agosto ás 19:30 no campo da Gándara (Valadares - Vigo)

Torneo da AFAC, en San Pedro de Visma (A Coruña)
Sábado 18 de agosto
Semifinal
12:15: XUVENIL B - SANTIAGO DE COMPOSTELA CF
Ás 19:00, o gañador xogará a final (campo 2) e o perdedor o partido polo terceiro e cuarto posto (campo 1)

Categoría cadete
Torneo da AFAC, en San Pedro de Visma (A Coruña)
Sábado 18 de agosto
Semifinal
10:30: CADETE A - URAL (campo 1)
Ás 17:00, o gañador xogará a final (campo 2) e o perdedor o partido polo terceiro e cuarto posto (campo 1)

CADETE B - SANTIAGO B, o sábado 18 de agosto ás 11:00 en Abegondo (campo 7)

Categoría infantil
Torneo da AFAC, en San Pedro de Visma (A Coruña)
Venres 17 de agosto
Semifinal
17:00: INFANTIL A - CD CALASANZ
Ás 19:00, o gañador xogará a final (campo 2) e o perdedor o partido polo terceiro e cuarto posto (campo 1)