RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A gana ao Calasanz e plántase na pelexa polo liderado

O Infantil A impúxose con claridade (5-1) ao Calasanz en Abegondo, co que o conxunto deportivista suma 32 puntos, na pelexa polo liderado co Racing de Ferrol. Os tantos branquiazuis foron obra de Fika, Novoa, Iago, Javi e Chucas.

Infantil A: Brais, Trilli, Dani, Iago, Álvaro, Antón, Fika, Javi, Novoa, Axel e Noel. Tamén xogaron: Chucas, Nils, Jairo, Padín e Ríos.
 
O próximo fin de semana, o Infantil A visita precisamente ao Racing de Ferrol, no partido máis interesante da xornada.
 
Os resultados do Infantil A en a liga Galega os seguintes:
 
Infantil A 2 (Jairo e Dani) - Lugo 1
Conxo 0 - Infantil A 15 (Noel, Jorge -3-, Dani, Buján, Jairo -2-, Álvaro, Axel -4-, Novoa e Nils)
Infantil A 9 (Novoa -3-, Axel -2-, Jairo, Buján, Noel e Jorge) - Once Cabaleiros 0
Vitoria 0 - Infantil A 9 (Álvaro -2-, Noel, Fika, Jairo -2-,  Dani, Axel e un futbolista rival en propia meta)
Atlético Coruña Montañeiros CF 0 - Infantil A 0
Infantil A 4 (Álvaro, Novoa -2- e Jorge) - Residencia A 0
Xuventude de Oroso 0 - Infantil A 2 (Axel -2-)
Infantil A 0 - Ural 0
Galicia Caranza 0 - Infantil A 5 (Noel -2-, Axel -2- e Jairo)
Infantil A 17 (Fika, Mauro -2-, Axel -4-, Padín, Chucas -2-, Antón -2-, Noel -2-, Novoa, Jairo e un futbolista rival en propia meta) - EF Lalín 0
Bertamiráns 1 - Infantil A 5 (Dani, Novoa, Chucas, Padín e Carracedo)
Infantil A 5 (Fika, Novoa, Iago, Javi e Chucas) - Calasanz 1