O Infantil A gana ao Xuventude Oroso e mantén o pulso polo liderado co Bertamiráns
O Infantil A derrotou en Abegondo (4-1) ao Xuventude de Oroso, en partido correspondente á 6ª xornada, e mantén o pulso co Bertamiráns polo liderado do grupo norte da Liga Galega.
Ambos os equipos marchan igualados na cabeza da táboa con 18 puntos de 18 posibles; iso si, co Infantil A diante por mellor diferencia de goles: +31 os deportivistas por +29 os santiagueses.
Carreira -2-, Sierra e Gabri foron os autores dos goles do Infantil A sobre un batallador Xuventude de Oroso.
Infantil A: Rodri, Manu, Gabri, Diego, Carreira, Martiño, Meki, Mardones, Mella e Domínguez. Tamén xogaron: Román, Yago, Miguel, Sierra e Martín.
A próxima fin de semana, o Infantil A visita na Coruña ao Victoria CF.
A liga transcorre así para o equipo que dirixe Juan Villamisar:
Calasanz 0 - Infantil A 9 (Mella -4-, Domínguez -3- e Carlos -2-) Infantil A 7 (Martín -2-, Marco Baña -2-, Mella, Marcote e Rubén) - Atlético Ribeira 0 Lugo 1 - Infantil A 2 (Martín e Martiño) Infantil A 6 (Domínguez -3-, Mella, Marco Baña e Sierra) - Galicia Caranza 1 Bergantiños 1 - Infantil A 7 (Mella, Manu, Gabri -2-, Domínguez -2- e Martiño) Infantil A 4 (Carreira -2-, Sierra e Gabri) - Xuventude de Oroso 1