RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A, lanzado a pola primeira praza da Fase polo Título

O Infantil A sumou a súa 13ª vitoria nos 13 partidos disputados na Fase polo Título da Liga Galega. Os deportivistas ademais exhibiron (7-0) en Abegondo ante o Pabellón Ourense CF, un rival da zona alta, o seu poderío ofensivo con 7 goleadores diferentes: Carreira, Sierra, Martín, Gabriel, Noah, Domínguez e Mella.

Así pois, o Infantil A é líder destacado do grupo con 39 puntos de 39 posibles; por 34 do RC Celta, o seu inmediato perseguidor.

Infantil A: Rodrigo, Dani Ferrol, Rubén, Gabriel, Manu Berrocal, Carlos, Sierra, Carreira, Noah, Mella e Martín. Tamén xogaron: Marco Baña, Domínguez, Jorge, Monteagudo e Mardones.

A competición ligueira para por Semana Santa. O vindeiro sábado 27 de abril, na penúltima xornada desta fase, o Infantil A visita á UD Santa Mariña.

No entanto, o Infantil A aproveitará estas vacacións para disputar en Cascais (Portugal) a Ibercup 2019.

Os resultados do equipo que prepara David Lagar nesta Fase polo Título son os seguintes:

Victoria CF 1 - Infantil A 5 (Martín -2-, Rubén, Mella e Marco Baña)
Infantil A 1 (Mella) - Xuventude de Oroso 0
RC Celta 3 - Infantil A 5 (Mella, Noah -2-, Martín e Meki)
Infantil A 9 (Mella, Domínguez -2-, Carlos -2-, Mardones -2-, Marcote e Martín) - Arosa SC 0
Ural CF 2 - Infantil A 4 (Domínguez, Mella, Manu Berrocal e Martín)
Infantil A 13 (Mella -4-, Marco Baña, Martín -3-, Domínguez, Gabriel, Monteagudo e 2 futbolistas rivais en propia meta) - EF Portero 2000 0
Ourense CF 0 - Infantil A 3 (Mardones, Mella e Marco Baña)
Infantil A 4 (Marcote, Marco Baña -2- e Mella) - Bertamiráns FC 1
Racing de Ferrol 2 - Infantil A 7 (Monteagudo, Carlos, Mella -4- e Domínguez)
Infantil A 2 (Marcote e Domínguez) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Infantil A 2 (Mella e Marco Baña) - ED Val Miñor Nigrán 1
CD Lugo 0 - Infantil A 8 (Marco Baña -2-, Mella -2-, Martín -2-, Noah e un futbolista rival en propia meta)
Infantil A 7 (Carreira, Sierra, Martín, Gabriel, Noah, Domínguez e Mella) - Pabellón Ourense CF 0