RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A non atopou rival no EF Portero 2000

O Infantil A superou con contundencia (13-0) ao EF Portero 2000, en partido correspondente á 6ª xornada na Fase polo Título da Liga Galega.

Mella -4-, Marco Baña, Martín -3-, Domínguez, Gabriel, Monteagudo e 2 futbolistas rivais en propia meta foron os goleadores nun partido sen historia, dominado de principio a fin polo equipo que prepara David Lagar.

Con este marcador, o Infantil A é líder en solitario do grupo con 18 puntos.

Infantil A: Jorge, Diego, Dani Ferrol, Vilela, Carlos, Marco Baña, Mella, Mardones, Carreira, Martín e Gabriel. Tamén xogaron: Monteagudo, Sierra e Domínguez.

A próxima semana non haberá competición debido aos compromisos da selección galega da categoría. En 15 días, o Infantil A visitará ao Ourense CF.

Os resultados do Infantil A en esta Fase polo Título son os seguintes:

Victoria CF 1 - Infantil A 5 (Martín -2-, Rubén, Mella e Marco Baña)
Infantil A 1 (Mella) - Xuventude de Oroso 0
RC Celta 3 - Infantil A 5 (Mella, Noah -2-, Martín e Meki)
Infantil A 9 (Mella, Domínguez -2-, Carlos -2-, Mardones -2-, Marcote e Martín) - Arosa SC 0
Ural CF 2 - Infantil A 4 (Domínguez, Mella, Manu Berrocal e Martín)
Infantil A 13 (Mella -4-, Marco Baña, Martín -3-, Domínguez, Gabriel, Monteagudo e 2 futbolistas rivais en propia meta) - EF Portero 2000 0