RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A non falla ante o Ural CF antes de recibir ao Bertamiráns FC

O Infantil A non fallou na súa visita ao Ural CF (0-5), xusto antes de recibir en Abegondo a próxima fin de semana ao Bertamiráns FC, o gran rival polo título no grupo norte da Liga Galega, posto que ambos os equipos marchan igualados con 24 puntos de 24 posibles.

Jorge García -3-, Pablo Parada e Noé foron os goleadores branquiazuis ante os uralistas neste partido correspondente á 8ª xornada.

Infantil A: Román, Ayana, Zoe, Lucas, Oreiro, Dani Estévez, Samuel, Diego, Pablo Parada, Guerrero e Jorge García. Tamén xogaron: Hugo Torres, Noé, Úbeda e Juan Barros.

Os resultados do Infantil A até a data son os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Infantil A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD Lugo 0
Victoria CF 2 - Infantil A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez)
Infantil A 11 (Zoe, Guerrero -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet) - EF Lalín 1
Infantil A 11 (Jorge García -6-, Samuel -2-, Carballo, Zoe e Javi Pita) - Galicia Caranza 0
San Tirso SD 0 - Infantil A 9 (Jorge García -3-, Guerrero -3-, Oreiro, Úbeda e Pablo Parada)
Infantil A 6 (Jorge García -3-, Lucas, Diego Miranda e Javi Pita) - Racing de Ferrol 0
Ural CF 0 - Infantil A 5 (Jorge García -3-, Pablo Parada e Noé)