RCD / NOVAS

O Infantil A non perdoa a un Racing de Ferrol desmoralizado

27/11/2016 20:35

Poucos se podían imaxinar que o Infantil A gañaría ao segundo clasificado do grupo primeiro da liga Galega, o Racing de Ferrol, no seu campo, por 14 goles de diferenza (0-14). Nun partido estraño, os branquiazuis sentenciaron na primeira parte, que finalizou con 0-5; e logo golearon a un rival afundido moralmente. Padín (4), Dani, Axel (3), Trilli, Novoa (3) e Jairo (2) foron os autores dos goles nun partido para esquecer por uns e para lembrar por outros. Con este resultado, o Infantil A lidera o grupo con 35 puntos, un máis que o Ural, segundo clasificado agora con 34 puntos.

Infantil A: Brais, Trilli, Dani, Iago, Álvaro, Antón, Jairo, Chucas, Novoa, Axel e Padín. Tamén xogaron: Nils, Fika, Noel, Lemos e Mauro.

O próximo rival do Infantil A é o Bergantiños, en Abegondo.

Os resultados do Infantil A en a liga Galega os seguintes:

Infantil A 2 (Jairo e Dani) - Lugo 1
Conxo 0 - Infantil A 15 (Noel, Jorge -3-, Dani, Buján, Jairo -2-, Álvaro, Axel -4-, Novoa e Nils)
Infantil A 9 (Novoa -3-, Axel -2-, Jairo, Buján, Noel e Jorge) - Once Cabaleiros 0
Vitoria 0 - Infantil A 9 (Álvaro -2-, Noel, Fika, Jairo -2-, Dani, Axel e un futbolista rival en propia meta)
Atlético Coruña Montañeiros CF 0 - Infantil A 0
Infantil A 4 (Álvaro, Novoa -2- e Jorge) - Residencia A 0
Xuventude de Oroso 0 - Infantil A 2 (Axel -2-)
Infantil A 0 - Ural 0
Galicia Caranza 0 - Infantil A 5 (Noel -2-, Axel -2- e Jairo)
Infantil A 17 (Fika, Mauro -2-, Axel -4-, Padín, Chucas -2-, Antón -2-, Noel -2-, Novoa, Jairo e un futbolista rival en propia meta) - EF Lalín 0
Bertamiráns 1 - Infantil A 5 (Dani, Novoa, Chucas, Padín e Carracedo)
Infantil A 5 (Fika, Novoa, Iago, Javi e Chucas) - Calasanz 1
Racing de Ferrol 0 - Infantil A 14 (Padín -4-, Dani, Axel -3-, Trilli, Novoa -3- e Jairo -2-)