RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A non perdoou os erros do EF Lalín

O Infantil A non perdoou en Abegondo os erros defensivos do EF Lalín (11-1), en partido correspondente á 4ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

Zoe, Guerrero -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet foron os goleadores branquiazuis nun partido que se puxo de cara xa aos 5 minutos, co primeiro tanto de Zoe.

Con este marcador, o conxunto que prepara Darío Cotelo é líder con 12 puntos, os mesmos que ten tamén o Bertamiráns FC.

Infantil A: Mateo, Zoe, Lucas, Guerrero, Dani Estévez, Samuel, Ayana, Óscar, Héctor Beade, Jorge García e Carballo. Tamén xogaron: Adrián, Pita, Memet, Noe e Úbeda.

A próxima fin de semana, o Infantil A volve xogar en Abegondo, esta vez ante o Galicia Caranza.

Os resultados do Infantil A até a data os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Infantil A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD Lugo 0
Victoria CF 2 - Infantil A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez)
Infantil A (Zoe, Guerrero -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet) - EF Lalín 1