RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A participa esta semana na Aragón Cup 2018 de Huesca

O Infantil A, que se acaba de proclamar campión do grupo norte da liga Galega, compite na Aragón Cup 2018, torneo que se desenvolve en Huesca desde este xoves 27 de decembro.

Na Primeira Fase, o conxunto deportivista quedou encadrado no grupo 1, coa SD Huesca A, Lacross Babel CF e Evergrande Football School.

O calendario de competición do equipo que dirixe David Lagar é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 27 de decembro
12:00: SD HUESCA A - INFANTIL A (instalacións de San Jorge, campo 1)
17:00: EVERGRANDE FOOTBALL SCHOLL (instalacións de San Jorge, campo 2)
Venres 28 de decembro
11:00: INFANTIL A - LACROSS BABEL CF (instalacións de San Jorge, campo 2)

A partir das 16:00 arrinca a Fase Final, segundo clasificación. Así, o primeiro de grupo pasa a semifinais; o segundo pelexará polos postos 5º ao 8º; o terceiro polas posicións 9ª á 12ª; e o cuarto clasificado de grupo loitará polos postos 13º ao 16º.