RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Infantil A participa esta semana na Aragón Cup 2019 que se xoga en Huesca

O Infantil A, que pechou 2019 como líder sólido do grupo norte da Liga Galega, desprázase esta semana a Huesca para disputar a Aragón Cup 2019.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo D, co Stadium Casablanca de Zaragoza e a SD Huesca C.

O calendario inicial de partidos do Infantil A é o seguinte:

Venres 27 de decembro
11:00: STADIUM CASABLANCA - INFANTIL A, no campo de San Jorge
18:00: INFANTIL A - SD HUESCA C, no campo de San Jorge

Segundo clasificación, os equipos pasan a unha Segunda Fase que arranca o sábado 28 de decembro ás 10:00 horas.