RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A prolonga ante o San Tirso SD a súa serie goleadora

O Infantil A prolonga ante o San Tirso SD a súa serie goleadora (0-9), en partido correspondente á 6ª xornada no grupo norte da liga Galega adiantado ao fin de semana. O conxunto deportivista suma 31 goles e 0 en contra nos últimos 3 partidos ligueiros.

Jorge García -3-, Guerrero -3-, Oreiro, Úbeda e Pablo Parada foron os goleadores branquiazuis no campo de O Monte.

Con este triunfo, o Infantil A alcanza os 18 puntos de 18 posibles e mantense líder do grupo.

Infantil A: Mateo, Ayana, Zoe, Lucas, Pablo Parada, Dani Estévez, Úbeda, Samuel, Guerrero, Óscar e Jorge García. Tamén xogaron: Javi Pita, Carballo, Diego, Oreiro e Román.

A fin de semana do 19 e 20 de outubro, o Infantil A recibe en Abegondo ao Racing de Ferrol.

Os resultados do Infantil A até a data os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Infantil A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD Lugo 0
Victoria CF 2 - Infantil A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez)
Infantil A 11 (Zoe, Guerrero -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet) - EF Lalín 1
Infantil A 11 (Jorge García -6-, Samuel -2-, Carballo, Zoe e Javi Pita) - Galicia Caranza 0
San Tirso SD 0 - Infantil A 9 (Jorge García -3-, Guerrero -3-, Oreiro, Úbeda e Pablo Parada)