RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A remonta na segunda parte ao Atlético Coruña Montañeros

O Infantil A superou en Abegondo un exame ante o Atlético Coruña Montañeros, en partido da 12ª xornada no grupo 1º da Liga Galega.

Após un primeiro tempo igualado que acabou sen goles, o equipo visitante adiantouse no marcador após o descanso. A base de coraxe, os deportivistas foron capaces de darlle a volta, grazas aos goles de Roque e Iván Vázquez, o segundo na recta final.

Con este resultado o Infantil A lidera o grupo con 34 puntos.

Infantil A: Manu, Zerfu, Martín Burgos, Rubén, Álex López, Hugo García, Lombao, Iván Vázquez, Quique, Trigo e Dani. Tamén xogaron: Matías, Roque, Álex González e Hugo Baldomar.

A vindeira fin de semana, o Infantil A visita ao Amio SD.

Os resultados até a data do equipo que prepara Iván Vázquez son os seguintes:

Infantil A 7 (Sergio -2-, Hugo Baldomar -2-, Trigo, Quique e Roque) - Imperátor 0
Once Caballeros 1 - Infantil A 15 (Hugo Baldomar -3-, Rubén, Sergio, Álex González, Trigo -2-, Xosé, Zerfu, Roque -3-, Iván e Hugo García)
Infantil A 2 (Roque e Hugo Baldomar) - Racing de Ferrol 1
Lugo 1 - Infantil A 6 (Roque -4-, Dani e Álex González)
Infantil A 1 (Iván) - Calasanz A 1
Polvorín A 0 - Infantil A 4 (Hugo Baldomar -2-, Pablo Trigo e Quique)
Infantil A 5 (Iván, Martín Burgos, Sergio -2- e Quique) - Santiago de Compostela 0
Oza Juvenil 0 - Infantil A 8 (Rubén, Lombao, Quique -2-, Álex González e Roque -3-)
San Tirso 0 - Infantil A 6 (Sergio, Iván, Hugo Baldomar, Quique, Trigo e Álex González)
Infantil A 5 (Quique, Álex González, Hugo Baldomar, Sergio e Roque) - Xuventude de Oroso 0
Bergantiños 0 - Infantil A 2 (Hugo Baldomar e Roque)
Infantil A 2 (Roque e Iván Vázquez) - Atlético Coruña Montañeros 1