RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A supera ao Calasanz e mantén o pulso co Celta

O Infantil A impúxose (3-1) ao Calasanz en partido da 5ª xornada na Fase polo Título Galego. Álex González -2- e Álvaro foron os autores dos goles nun disputado encontro entre dous equipos que pelexaron até o asubío final.

Con este marcador, o Infantil A suma 15 puntos, os mesmos que o Celta, rival o vindeiro sábado en Vigo.

Infantil A: Lemos, Martín Burgos, Rubén, Álvaro, Álex López, Sergio, Iván, Roque, Quique, Hugo Baldomar e Álex González. Tamén xogaron: Matías, Lombao, Trigo e Hugo García.

Os resultados do Infantil A en esta Fase polo Título son os seguintes:

San Tirso 0 - Infantil A 4 (Sergio -2- e Hugo Baldomar -2-)
Infantil A 3 (Sergio, Hugo García e Hugo Baldomar) - Areosa 1
Infantil A 4 (Roque -3- e Hugo Baldomar) - Xuventude de Oroso 1
Ourense 0 - Infantil A 4 (Iván, Roque, Sergio e Quique)
Infantil A 3 (Álex González -2- e Álvaro) - Calasanz 1