RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A tumba á Lazio na segunda xornada do Torneo de Roma

O Infantil A derrotou esta tarde (2-0) á SS Lazio na segunda xornada de torneo amigable de fútbol once organizado polo club italiano GSD Nuova Tor Tre Teste. Os goles de Noel e Axel decidiron un choque de clara cor branquiazul.

Infantil A: Brais, Trilli, Álvaro, Mauro, Dani, Antón, Chucas, Jairo, Axel, Noel e Novoa. Tamén xogaron: Javi, Jorge, Iago, Ríos, Padín e Nils.

Mañá mércores, o Infantil A mídese ao Marxine Coperta na terceira e última xornada da Primeira Fase.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

Luns 2 de xaneiro de 2017
INFANTIL A 1 (Jorge) - FC INTER 2

Martes 3 de xaneiro de 2017
SS LAZIO 0 - INFANTIL A 2 (Noel e Axel)

Mércores 4 de xaneiro de 2017
15:00: INFANTIL A - MARGINE COPERTA (campo de Candiani)