O Infantil A xa coñece o camiño cara ao título galego
O Infantil A, campión do grupo norte da liga Galega, xa coñece o seu calendario da Fase polo Título, á que accederon os 8 primeiros clasificados do grupo norte (ademais do conxunto deportivista, Bertamiráns FC, ED Xuventude de Oroso, Victoria CF, Ural CF, Atlético Coruña Montañeros CF, Racing de Ferrol e CD Lugo) e os 8 primeiros do grupo sur (RC Celta, Ourense CF, Pabellón Ourense CF, ED Val Miñor Nigrán, CD Choco, UD Santa Mariña, EF Portero 2000 e Arousa SC).
O formato de competición será de liga a unha soa volta. Os 4 primeiros desta Fase polo Título disputarán a definitiva Fase Final, esta vez baixo o formato de semifinais e final nunha única sede.
Os dous favoritos e campións do grupo norte e sur respectivamente, Infantil A e RC Celta, ven as caras na 3ª xornada, o 26 de xaneiro en Vigo.
O conxunto deportivista arrinca esta Fase polo Título a próxima semana na Coruña ante o Victoria CF e finalizará en Abegondo ante o CD Choco, o 1 de maio.
O calendario do Infantil A que dirixen Juan Villamisar e David Lagar é o seguinte:
Xornada 1 (12/01/2019) Victoria CF - Infantil A Xornada 2 (19/01/2019) Infantil A - ED Xuventude de Oroso Xornada 3 (26/01/2019) RC Celta - Infantil A Xornada 4 (02/02/2019) Infantil A - Arousa SC Xornada 5 (09/02/2019) Ural CF - Infantil A Xornada 6 (16/02/2019) Infantil A - EF Portero 2000 Xornada 7 (02/03/2019) Ourense CF - Infantil A Xornada 8 (09/03/2019) Infantil A - Bertamiráns FC Xornada 9 (16/03/2019) Racing de Ferrol - Infantil A Xornada 10 (23/03/2019) Infantil A - Atlético Coruña Montañeros CF Xornada 11 (30/03/2019) Infantil A - ED Val Miñor Nigrán Xornada 12 (06/04/2019) CD Lugo - Infantil A Xornada 13 (13/04/2019) Infantil A - Pabellón Ourense CF Xornada 14 (27/04/2019) UD Santa Mariña - Infantil A Xornada 15 (01/05/2019) Infantil A - CD Choco