RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A xoga mañá mércores un amigable de preparación ante o San Tirso SD B de categoría cadete

O Infantil A, a un paso de clasificarse para as semifinais da Liga Galega, disputa mañá mércores 16 de xuño un amigable de preparación no campo do Monte ante o San Tirso SD B de categoría cadete. O encontro arrancará ás 19:00 horas.

A falta dun partido ligueiro, os branquiazuis dirixidos por Juan Villamisar son líderes do subgrupo norte A1 con 8 puntos. O CD Lugo, segundo na táboa, suma 6. Precisamente ambos os equipos ven as caras este sábado 19 de xuño en Abegondo ás 11:30 (pendente de confirmación).

Nesta segunda fase, o formato de competición é de liga a unha soa volta e arrástranse os puntos da primeira fase. O campión pasará á semifinal, a partido único; e o vencedor xogará a gran final.