RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil afianza o liderado do subgrupo norte da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego

O Infantil superou (5-2) ao Bertamiráns FC en partido correspondente á 8ª xornada do subgrupo norte da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego.

Janusz -2-, Rubén, Leandro e Diego foron os autores dos goles branquiazuis nun partido que se puxo costa arriba con dous goles do Bertamiráns FC na primeira parte. Após o descanso chegou a reacción do equipo que dirixe Alberto Suárez.

Infantil: Rodrigo, Leandro, Janusz, Yago, Íker Fernández, Frank, Mosquera, Lucas, Rubén, Íker Casuso e Hugo. Tamén xogaron: Xoel, Joel, Balbas, Xabi Campos e Diego.

Con este resultado, o Infantil suma 27 puntos e afianza o liderado do subgrupo a falta de 2 partidos para o final.

A próxima fin de semana, o equipo deportivista visita ao Cidade de Ribeira CF.

Os resultados do Infantil nesta fase son os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil 1 (Janusz)
Infantil 11 (Leandro, Mosquera, Iker Fernández, Iker Casuso, Hugo -2-, Diego, Frank e Lucas -3-) - Victoria FC 0
Bertamiráns FC 0 - Infantil 2 (Leandro -2-)
Infantil 7 (Iker Casuso -4-, Mosquera, Borja e Hugo) - Cidade de Ribeira CF 2
CD Conxo Santiago 2 - Infantil 2 (Janusz e Iker Fernández)
Infantil 9 (Janusz, Marcos -3-, Rubén, Íker Fernández, Diego -2- e Lucas) - Bergantiños CF 0
Victoria FC 2 - Infantil 4 (Janusz -2-, Marcos e Balbas)
Infantil 5 (Janusz -2-, Rubén, Leandro e Diego) - Bertamiráns FC 2