RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Infantil B abre mañá xoves a fin de semana de #ANOSACANTEIRA

O Infantil B abre mañá xoves 1 de novembro, día festivo, a fin de semana en #ANOSACANTEIRA. O seu rival no grupo 1º da Primeira Autonómica será o Oza Juvenil na Torre (18:00 horas). O sábado 3, o equipo que prepara José Manuel Arrojo 'Noni' volve á cancha, esta vez en Abegondo ante o Orillamar SD (16:30).

Tamén mañá xoves, con entrada gratuíta para os afeccionados, o Xuvenil A de División de Honra disputará un amigable ante o Laracha CF de Terceira División. Será en Abegondo ás 11:00 (campo 4).

O partido destacado da xornada ligueira é o choque do Fabril ante un rival directo, o Rápido de Bouzas, previsto para o domingo 4 de novembro ás 17:00 horas en Abegondo.

O filial, despois de 4 derrotas consecutivas, necesita os 3 puntos para cambiar a dinámica do equipo.

Como é habitual, os socios do Dépor teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

Ademais do Fabril e Infantil B, os outros equipos que compiten en Abegondo son o Infantil A, o sábado 3 de novembro ante o Ural CF (11:00 horas); e o Cadete B, o domingo 4 de novembro ante o Ural CF B (11:00 horas).

Para estes dous partidos, os socios teñen entrada gratuíta. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Xogan de visitantes os restantes equipos de #ANOSACANTEIRA; o sábado 3 de novembro o Xuvenil A en Xixón (16:00 fronte ao Roces); o Xuvenil B en Vigo (16:15 ante o CVC Valladares); e Cadete A en Nigrán (16:00 fronte ao ED Val Miñor Nigrán). Queda para o domingo (16:00 horas) a visita do Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Autonómica Feminina, ao Victoria CF B de Santiago, terceiro clasificado a 4 puntos de diferenza.

Esta semana toca descanso para Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
11ª xornada: FABRIL - RÁPIDO DE BOUZAS, o domingo 4 de novembro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 15. Unionistas de Salamanca CF, 10 puntos; 16. Burgos CF, 9 puntos; 17. CDA Navalcarnero, 8 puntos; 18. Rápido de Bouzas, 7 puntos; 19. CF Salmantino, 6 puntos; 20. Fabril, 4 puntos...

Categoría feminina
9ª xornada: VICTORIA FC B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 4 de novembro ás 16:00 no Municipal do Sergas (Santiago)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 24 puntos; 2. Viajes InterRías FF e Victoria FC B, 20 puntos...

Categoría xuvenil
Amigable: XUVENIL A - LARACHA, mañá xoves 1 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo 4)
10ª xornada: DEPORTIVO ROCES - XUVENIL A, o sábado 3 de novembro ás 16:00 no campo de Covadonga (Xixón)
Clasificación da División de Honra: ... 3. Real Racing Club, 19 puntos; 4. Sporting de Gijón e Oviedo, 18 puntos; 6. Xuvenil A e Deportivo Roces, 14 puntos; 8. Ural CF e Atlético Perines, 13 puntos; 10. Bansander, 11 puntos...

9ª xornada: CVC VALLADARES - XUVENIL B, o sábado 3 de novembro ás 16:15 na Gándara (Valladares-Vigo)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, Victoria CF, Pabellón Ourense CF e CD Calasanz, 19 puntos; 5. CD Areosa e Xuvenil B, 16 puntos; 7. CD Choco e Racing Club Villalbés, 13 puntos...

Categoría cadete
9ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - CADETE A, o sábado 3 de novembro ás 16:00 no campo de Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 24 puntos; 2. Ural CF, 19 puntos...

Amigable, xogado o pasado luns: CADETE B 0 - SELECCIÓN CORUÑESA 'SUB-15' 3
9ª xornada: CADETE B - URAL CF B, o domingo 4 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Bertamiráns CF, 22 puntos; 2. Racing Villalbés e CF Dumbría, 21 puntos, 4. ED Xuventude de Oroso e Cadete B, 19 puntos; 6. Galicia Caranza, 16 puntos...

Categoría infantil
9ª xornada: INFANTIL A - URAL CF, o sábado 3 de novembro ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A e Bertamiráns CF, 24 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF, 20 puntos...

10ª xornada: OZA JUVENIL SD - INFANTIL B, o xoves 1 de novembro ás 18:00 na Torre (campo 1)
11ª xornada: INFANTIL B - ORILLAMAR SD, o sábado 3 de novembro ás 16:30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 27 puntos; 2. Ural CF, 22 puntos...

Categoría alevín
4ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR A - ALEVÍN A, o sábado 3 de novembro ás 13:00 en Santa María del Mar
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Alevín A e Ural CF A, 9 puntos; 3. CD Calasanz A e ED Luis Calvo Sanz A, 7 puntos...