RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B arrincou con boa puntaría a liga no grupo A de Primeira Autonómica

O Infantil B comezou ante o Sporting Coruñes SD A con boa puntaría (12-0) a súa competición no grupo A de Primeira Autonómica.

Paulo -3-, Íker Gil -2-, Anxo -2-, Mauro, Trigo -2-, Lucas e Joaquín foron os autores dos goles branquiazuis nesta primeira cita oficial do equipo que prepara Alberto Bonigno.

O formato nesta primeira parte da competición será de liga a dobre volta. Ademais do citado Sporting Coruñés SD A, Oza Juvenil SD A, CD Calasanz B e Ural Español CF B serán os outros tres equipos que se medirán ao Infantil B neste grupo.

Infantil B: Joel Liste, Iván, Jorge, Iago Vázquez, Alexandre Avilez, Carlos, Joaquín, Lucas, Paulo, Íker Gil e Anxo. Tamén xogaron: Joel Fornís, Yago Trigo, Mauro e Samuel.

A próxima fin de semana, o CD Calasanz B será en San Pedro de Visma 1 (A Coruña) o seguinte rival do Infantil B.