RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B derrota ao Atlético Coruña Montañeros B no partido aprazado o pasado 18 de decembro polo temporal

O encontro entre o Atlético Coruña Montañeros CF B e o Infantil B, correspondente á 16ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica que foi suspendido o pasado 18 de decembro aos 19 minutos de xogo debido ao temporal de vento e choiva, retomouse hoxe mércores 22 de xaneiro no campo 5 de Abegondo.

O choque arrancou con 0-0, que era o marcador cando foi suspendido polo colexiado do encontro, e finalizou con triunfo deportivista (1-5), grazas aos goles de Marcos, Carballo e Íker Gil -3-.

Con este resultado, o Infantil B manda na clasificación do grupo con 54 puntos por 44 puntos do seu inmediato perseguidor, o Ural CF B.

Infantil B: Hugo, Pablo, Adrián, Jorge, Nico Ruiz, Marcos, Íker Gil, Janusz, Noe, Carballo e Memet. Tamén xogaron: Carlos, Erick, Xenxo e Yago.

Este sábado 25 de xaneiro ás 10:30, o Infantil B volve á liga, en Abegondo ante o ADC Obradoiro.

Os resultados até a data do Infantil B que prepara Fernando Macedo 'Nano' son os seguintes:

CD Obrero 0 - Infantil B 3 (Adrián -2- e Íker Gil)
Infantil B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - Imperátor OAR 0
ADC Obradoiro 2 - Infantil B 5 (Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas)
Infantil B 4 (Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo) - Oza Juvenil SD 0
SCD Órdenes 2 - Infantil B 8 (Íker Gil -2-, Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Carballo -2- e Noé)
Infantil B 11 (Íker Gil -2-, Noé -2-, Óscar -2-, Carballo -2-, Adrián, Xenxo e Anxo) - Bergantiños CF B 0
Atlético Arteixo 3 - Infantil B 10 (Íker Gil -2-, Adrián, Noé, Memet -3-, Óscar -2- e Jorge Rodríguez)
Infantil B 5 (Óscar -2-, Memet, Íker Gil e Diego) - Victoria CF B 0
Atlético San Pedro 2 - Infantil B 4 (Noé, Beade, Memet e Íker Fernández)
Infantil B 7 (Memet, Óscar -3-, Diego, Beade e Íker Gil) - Orillamar SD 0
Infantil B 3 (Memet, Óscar e Carballo) - Sporting Cambre 0
Ural CF B 3 - Infantil B 6 (Noé, Óscar, Íker Gil, Beade -2- e Diego)
Infantil B 9 (Beade -3-, Carballo -2-, Xenxo, Memet -2- e un futbolista rival en propia meta) - CD Calasanz B 0
Santa María del Mar 5 - Infantil B 9 (Beade -3-, Íker Fernández, Íker Gil, Marcos e Óscar -3-)
Infantil B 3 (Íker Gil -2- e Adrián) - San Tirso SD B 1
Atlético Coruña Montañeros CF B 1 - Infantil B 5 (Íker Gil -3-, Marcos e Carballo)
Infantil B 1 (Memet) - Betanzos CF 3
Infantil B 18 (Óscar -6-, Memet, Xenxo -2-, Beade -4-, Íker Gil -2-, Anxo -2- e Carballo) - CD Obrero 0
Imperátor OAR 0 - Infantil B 1 (Memet)