RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B gana en Iñás ao Atlético San Pedro após remontar un 2-0 na segunda metade

O Infantil B logrou darlle a volta ao marcador (2-4) dun partido que se lle complicou na primeira metade, que concluíu con triunfo parcial do Atlético San Pedro (2-0) no Municipal de Iñás.

Os branquiazuis, após o descanso, cambiaron a decoración do choque e certificaron a súa melloría cos goles de Noe, Beade, Memet e Íker Fernández.

Co resultado deste partido correspondente á 9ª xornada no grupo 1º de Primeira Autonómica, o Infantil B segue líder en solitario da táboa con 27 puntos.

Infantil B: Hugo, Jorge Rodríguez, Carlos, Íker Gil, Óscar, Beade, Erick, Noe, Carballo, Memet e Íker Fernández. Tamén xogaron: Adrián, Mosquera, Anxo, Xenxo e Trillo.

A próxima fin de semana, o Infantil B recibe en Abegondo ao Orillamar SD.

Os resultados do Infantil B que prepara Fernando Macedo 'Nano' son os seguintes:

CD Obrero 0 - Infantil B 3 (Adrián -2- e Íker Gil)
Infantil B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - Imperátor OAR 0
ADC Obradoiro 2 - Infantil B 5 (Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas)
Infantil B 4 (Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo) - Oza Juvenil SD 0
SCD Ordes 2 - Infantil B 8 (Íker Gil -2-, Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Carballo -2- e Noé)
Infantil B 11 (Íker Gil -2-, Noé -2-, Óscar -2-, Carballo -2-, Adrián, Xenxo e Anxo) - Bergantiños CF B 0
Atlético Arteixo 3 - Infantil B 10 (Íker Gil -2-, Adrián, Noé, Memet -3-, Óscar -2- e Jorge Rodríguez)
Infantil B 5 (Óscar -2-, Memet, Íker Gil e Diego) - Victoria CF B 0
Atlético San Pedro 2 - Infantil B 4 (Noe, Beade, Memet e Íker Fernández)