RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B impón o seu poder ofensivo e supera ao Victoria B

Novo triunfo para o Infantil B, esta vez ante o Victoria B (0-5), en partido correspondente á 4ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica.

Os branquiazuis, con 5 tantos de 5 goleadores diferentes (Marco Baña, Diego, David, Carballo e Miguel), impuxeron a un rival que non coñecía a derrota, o seu poder ofensivo.

Con este marcador, o Infantil B suma 12 puntos de 12 posibles.

Infantil B: Román, Oreiro, Miguel, Samuel, Diego, Marco Baña, Carballo, Pedre, Mardones, Óscar e Hodei. Tamén xogaron: Martín, Carlos, Jorge, David e Murilo.

A próxima fin de semana, o Infantil B mídese en Abegondo ao Once Caballeros.

A temporada marcha así para o Infantil B:

Santa María del Mar 3 - Infantil B 6 (Eli, Bruno -2-, Mardones, Óscar e Hodei)
Infantil B 10 (Óscar, Marco Baña -2-, Xenxo, Carballo -4-, Hodei e Rubén) - San Cristóbal 0
Infantil B 5 (Mardones, Martín, Hodei, Rubén e un futbolista rival en propia meta) - Sporting Cambre 1
Victoria B 0 - Infantil B 5 (Marco Baña, Diego, David, Carballo e Miguel)