RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B pasa a oitavos de final en Cerdeña e o Benxamín A viaxa a Alemaña

O Infantil B clasificouse para oitavos de final do Torneo Internacional Manlio Selis 2017, que se xoga no Stadio Limbara en Luras (Sardeña, Italia). Mañá venres, o rival do equipo deportivista será a Fiorentina, a partir das 11:00 horas.

O calendario de competición do Infantil B, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 31 de maio

Primeira Fase

INFANTIL B 5 (Quique -2-, Trigo, Hugo Baldomar e Dani) - ACCADEMIA OGLIASTRA 1

Xoves 1 de xuño

INFANTIL B 6 (Hugo Baldomar -2-, Álex -2-, Trigo e Roque) - SAN PAOLO SASSARI 0
INFANTIL B 0 - CAGLIARI 1

Venres 2 de xuño

Oitavos de final

11:00: INFANTIL B - FIORENTINA

O Benxamín A viaxa a Alemaña para xogar a OKI Pfingstcup

O Benxamín A desprázase mañá venres 2 de xuño á cidade alemá de Düsseldorf para disputar a OKI Pfingstcup.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo 11, con FC Square Korea (Corea do Sur), NEC Nijmegen (Holanda), SC Feucht, DSC Arminia Bielefeld e SSV Strümp.

O calendario da primeira fase é o seguinte:

Sábado 2 de xuño

13:15: BENXAMÍN A - FC SQUARE KOREA
13:51: SC FEUCHT - BENXAMÍN A
14:27: BENXAMÍN A - DSC ARMINIA BIELEFELD
15:03: NEC NIJMEGEN - BENXAMÍN A
15:39: BENXAMÍN A - SSV STRÜMP

A partir de aquí, e segundo clasificación, accédese a unha segunda fase.

O Alevín B, á Jamón Cup en Calamocha (Teruel)

A Jamón Cup en Calamocha (Teruel) será o próximo obxectivo do Alevín B do Deportivo. O torneo desenvolverase de mañá venres 2 ao domingo 4 de xuño nas instalacións de Jumaya.

O Alevín B quedou encadrado na primeira fase no grupo C, co Montearagón A.D., Athletic Club, Villarreal CF, CDB Massanasa e EFB Salou Costa Daurada.

O calendario de partidos da primeira fase é o seguinte:

Sábado 3 de xuño

09:30: ALEVÍN B - MONTEARAGÓN AD (campo 2)
11:00: ALEVÍN B - ATHLETIC CLUB (campo 2)
15:30: VILLARREAL CF - ALEVÍN B (campo 2)
16:30: ALEVÍN B - CDB MASSANASA

Domingo 4 de xuño

11:00: ALEVÍN B - EFB SALOU COSTA DAURADA

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, mentres que o resto de equipos xogará unha fase de consolación, todo iso acto seguido.

O Alevín A representa á Coruña na Danone Cup en Barcelona

A Cidade Deportiva de Abegondo foi o escenario o pasado 6 de maio da fase previa da Danone Cup. O campéon, que foi o Alevín A, representará á Coruña na fase final en Barcelona, de mañá venres 2 ao domingo 4 de xuño, na cidade deportiva Dani Jarque (primeira fase) e no estadio de Cornellá El Prat (fase final).

O gañador xogará a fase final mundial, en Nova York, no mes de setembro.

Mañá venres 2 de xuño terá lugar a partir das 18:30 o sorteo dos grupos para a primeira fase, que se iniciará xa o sábado 3 de xuño.