RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B suma e segue ante o ADC Obradoiro

O Infantil B sumou unha nova vitoria en liga esta vez á conta do ADC Obradoiro (2-5), ao que derrotou nun bonito partido correspondente á 3ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica.

Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas foron nesta ocasión os goleadores branquiazuis.

Con este marcador, o Infantil B marcha no grupo de cabeza con 9 puntos de 9 posibles.

Infantil B: Rodrigo, Íker Fernández, Balbas, Carlos, Marcos, Íker Gil, Óscar, Erick, Xenxo, Noe e Carballo. Tamén xogaron: Janusz, Diego e Anxo.

A próxima fin de semana, o Infantil B recibe en Abegondo ao Oza Juvenil SD.

Os resultados do Infantil B que prepara Fernando Macedo 'Nano' son os seguintes:

CD Obreiro 0 - Infantil B 3 (Adrián -2- e Íker Gil)
Infantil B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - Imperátor OAR 0
ADC Obradoiro 2 - Infantil B 5 (Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas)