RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B supera ao Ural B e dá un paso de xigante cara ao título

O Infantil B deu un paso de xigante cara ao título ligueiro no grupo 1º de Primeira Autonómica ao derrotar (3-6) ao Ural CF B, segundo na táboa e o seu gran rival polo campionato.

O resultado deste partido correspondente á 12ª xornada deixa ao Infantil B líder destacado do grupo con 36 puntos; por 28 agora do Ural CF B.

Noe, Óscar, Íker Gil, Beade -2- e Diego foron os goleadores branquiazuis ante os uralistas.

Infantil B: Hugo, Adrián, Jorge, Carlos, Íker Gil, Óscar, Beade, Erick, Noe, Carballo e Memet. Tamén xogaron: Pablo, Diego, Xenxo e Janusz.

A próxima fin de semana, o Infantil B recibe en Abegondo ao CD Calasanz B.

Os resultados do Infantil B que prepara Fernando Macedo 'Nano' son os seguintes:

CD Obrero 0 - Infantil B 3 (Adrián -2- e Íker Gil)
Infantil B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - Imperátor OAR 0
ADC Obradoiro 2 - Infantil B 5 (Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas)
Infantil B 4 (Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo) - Oza Juvenil SD 0
SCD Órdenes 2 - Infantil B 8 (Íker Gil -2-, Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Carballo -2- e Noé)
Infantil B 11 (Íker Gil -2-, Noé -2-, Óscar -2-, Carballo -2-, Adrián, Xenxo e Anxo) - Bergantiños CF B 0
Atlético Arteixo 3 - Infantil B 10 (Íker Gil -2-, Adrián, Noé, Memet -3-, Óscar -2- e Jorge Rodríguez)
Infantil B 5 (Óscar -2-, Memet, Íker Gil e Diego) - Victoria CF B 0
Atlético San Pedro 2 - Infantil B 4 (Noé, Beade, Memet e Íker Fernández)
Infantil B 7 (Memet, Óscar -3-, Diego, Beade e Íker Gil) - Orillamar SD 0
Infantil B 3 (Memet, Óscar e Carballo) - Sporting Cambre 0
Ural CF B 3 - Infantil B 6 (Noe, Óscar, Íker Gil, Beade -2- e Diego)