RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B tráese o triunfo fronte un SCD Ordes que plantou cara os primeiros minutos

O Infantil B tróuxose os 3 puntos na súa visita a un SCD Ordes (2-8) que plantou cara nos primeiros minutos. Os locais foron capaces de igualar un 0-2 co que se colocou o conxunto branquiazul aos 3 minutos de xogo.

Após esta igualada a 2 goles, o Infantil B asentouse no campo e logrou definitivamente o control do partido. Íker Gil -2-, Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Carballo -2- e Noe foron os goleadores deportivistas.

Co marcador deste partido correspondente á 5ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica, o Infantil B segue no máis alto con 15 puntos de 15 posibles.

Infantil B: Hugo Sánchez, Adrián, Jorge, Santana, Íker Gil, Óscar, Erick, Xenxo, Noe, Carballo e Memet. Tamén xogaron: Rubén Trillo, Frank e Guillermo.

A próxima fin de semana, o Infantil B recibe en Abegondo ao Bergantiños CF B.

Os resultados do Infantil B que prepara Fernando Macedo 'Nano' son os seguintes:

CD Obrero 0 - Infantil B 3 (Adrián -2- e Íker Gil)
Infantil B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - Imperátor OAR 0
ADC Obradoiro 2 - Infantil B 5 (Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas)
Infantil B 4 (Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo) - Oza Juvenil SD 0
SCD Ordes 2 - Infantil B 8 (Íker Gil -2-, Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Carballo -2- e Noe)