RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Infantil B tumba ao CD Obrero nunha boa segunda metade

O Infantil B arrancou o grupo 1º da Primeira Autonómica cun triunfo (0-3) sobre o CD Obrero, cimentado nunha gran segunda metade. Adrián -2- e Íker Gil foron os autores dos goles branquiazuis, chegados todos eles na recta final do choque.

Infantil B: Hugo, Pablo, Adrián, Yago, Diego, Íker Gil, Óscar, Íker Fernández, Erick, Xenxo e Memet. Tamén xogaron: Janusz, Leandro e Marcos.

A próxima fin de semana, o Infantil B recibe en Abegondo ao Imperátor OAR.