RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil, campión a falta dunha xornada do subgrupo norte da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego

A falta dunha xornada para o final, o Infantil proclamouse campión do subgrupo norte da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego.

Os branquiazuis venceron en Ribeira (0-6) ao Cidade de Ribeira CF e suman 30 puntos por 26 o segundo clasificado, o CD Conxo Santiago, que igualou (3-3) co San Tirso SD.

Infantil: Rodrigo, Guille, Janusz, Xoel, Íker Fernández, Abel, Leandro, Frank, Marcos, Rubén e Hugo. Tamén xogaron: Balbas, Lucas, Diego e Íker Casuso.

Ademais de certificar o ascenso para a temporada 2022-23 á recentemente creada División de Honra, o Infantil xogará nos próximos días en Abegondo, a partido único, as semifinais polo título contra o segundo clasificado do subgrupo sur: ED Val Miñor Nigrán ou Pabellón Ourense CF. A final para decidir o campión da liga Galega será nunha sede que ditaminará a Federación.

Antes, concretamente a próxima fin de semana en Abegondo, Infantil e CD Conxo Santiago vense as caras na última xornada neste subgrupo norte nun partido intranscendente, posto que os dous equipos están clasificados para loitar polo título galego.

Os resultados do Infantil nesta fase son os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil 1 (Janusz)
Infantil 11 (Leandro, Mosquera, Iker Fernández, Iker Casuso, Hugo -2-, Diego, Frank e Lucas -3-) - Victoria FC 0
Bertamiráns FC 0 - Infantil 2 (Leandro -2-)
Infantil 7 (Iker Casuso -4-, Mosquera, Borja e Hugo) - Cidade de Ribeira CF 2
CD Conxo Santiago 2 - Infantil 2 (Janusz e Iker Fernández)
Infantil 9 (Janusz, Marcos -3-, Rubén, Íker Fernández, Diego -2- e Lucas) - Bergantiños CF 0
Victoria FC 2 - Infantil 4 (Janusz -2-, Marcos e Balbas)
Infantil 5 (Janusz -2-, Rubén, Leandro e Diego) - Bertamiráns FC 2
Cidade de Ribeira CF 0 - Infantil 6 (Janusz, Rubén, Marcos, Diego e Lucas -2-)