RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil chega ao Nadal con dez vitorias consecutivas no grupo B norte da Liga Galega

O Infantil superou ao Racing de Ferrol (0-3) en partido correspondente á 11ª xornada no grupo B norte da liga Galega. Marcos -2- e Diego foron os realizadores branquiazuis, os dous saíndo desde o banco e o tres tantos na segunda metade.

Con este resultado, o cadro deportivista chega ás vacacións de Nadal líder en solitario do grupo con 30 puntos de 30 posibles; é dicir, con 10 partidos consecutivos gañando.

Infantil: Joel, Guille, Janusz, Xoel, Yago, Abel, Mosquera, Lucas, Rubén, Hugo e Íker Casuso. Tamén xogaron: Balbas, Diego, Marcos, Xabi e Borja.

A competición renóvase o 8 ou 9 de xaneiro de 2022 coa visita ao Ural Español CF.

Os resultados do Infantil até a data son os seguintes:

Infantil 3 (Mosquera, Iker Casuso e Janusz) - Ural Español CF 0
CD Lugo 1 - Infantil 3 (Diego -2- e Hugo)
Infantil 8 (Rubén, Marcos -2-, Balbas -2-, Abel, Iker Casuso e Janusz) - San Tirso SD 0
Infantil 12 (Iker Casuso -2-, Janusz -3-, Hugo -4-, Marcos -2- e Iker Fernández) - SD Residencia A 1
Galicia Caranza 1 - Infantil 7 (Borja, Marcos -4- e Diego -2-)
Oza Juvenil SD A 0 - Infantil 7 (Diego -2-, Rubén, Balbas, Iker Casuso e Hugo -2-)
Infantil 12 (Balbas -2-, Iker Casuso -4-, Marcos, Lucas, Borja, Diego -2- e Janusz) - SD Viveiro 0
SDCyR Narón O Freixo 0 - Infantil 7 (Abel, Marcos -2-, Balbas, Hugo e Diego -2-)
Infantil 5 (Janusz, Mosquera, Marcos, Abel e Lucas) - SD O Val 0
Racing de Ferrol 0 - Infantil 3 (Marcos -2- e Diego)