RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil do Dépor prepara en Fútbol Indoor Coruña a Internationalen U13 Sportdeal24 Cup

O Infantil do Dépor, cos técnicos Juan Villamisar e David Lagar á cabeza, levou a cabo nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña, o día 5 de xaneiro, un adestramento específico para preparar a Internationalen U13 Sportdeal24 Cup que se desenvolverá os días 13 e 14 de xaneiro en Wermelskirchen.

As instalacións, que tamén acolleron este nadal unha das sedes do DéporCampus Cabreiroá Indoor, serviron aos infantís branquiazuis para adaptar o seu xogo a esta modalidade que no centro e norte de Europa ten tanto arraigamento nos meses de inverno, o fútbol indoor.

Rodrigo, Sierra, Carlos, Yago, Gabri, Carreira, Jorge, Dani, Miguel, Anxo, Álvaro, Manu, Barral, Domínguez, Mella e Noah participaron no adestramento. Viaxarán a terras alemás Rodri, Jorge, Dani, Manu, Carlos, Gabri, Noah, Mella, Yago e Domínguez, todos do Infantil A San Tirso.

No grupo, xunto ao Dépor, están o Horm Farm Dublin irlandés e os alemáns JSG Hilligsfeld e Borussia Dortmund.

O horario dos partidos é:

09:27 h. Deportivo-Horm Farm Dublin
10:21 h. Deportivo-JSG Hilligfeld
11:28 h. Borussia Dortmund-Deportivo

Por calendario clasifícanse 3 deste grupo para un grupo de 6 campións de grupo. Dese grupo de 6 campións saen os 4 campións á fase final.