RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil dobrega ao ED Val Miñor Nigrán e arrebátalle o liderado da División de Honra

O Infantil, con Borja -3- e Casuso -2- como principais estiletes ofensivos, dobregou (5-2) en Abegondo ao ED Val Miñor Nigrán en partido correspondente á 7ª xornada na División de Honra.

A pesar da derrota, os de Nigrán, que se presentaron na Cidade Deportiva na 1ª praza, ofreceron unha tenaz resistencia.

Con este resultado, os pupilos de Daniel Sicardi suman 19 puntos e arrebatan ao ED Val Miñor Nigrán o liderado da categoría. Os nigraneses, do mesmo xeito que o RC Celta, quedan con 18 puntos na segunda posición.

Infantil: Diego Mosquera, Gael, Sergio, Adrián, Iago Vázquez, Antón, Borja, Mauro, Casuso, Nico e Roi. Tamén xogaron: Xoel, Trigo, Joaquín e Samba.

A próxima fin de semana, a Infantil visita ao Cidade de Ribeira CF.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

Infantil 4 (Mauro, Nico, Antón e Iker) - San Tirso SD 0
Pabellón Ourense CF 1 - Infantil 1 (Borja)
Infantil 5 (Trigo -2-, Borja, Iker e Antón) - EF Portero '2000' 0
Bergantiños CF 0 - Infantil 5 (Borja -2-, Mauro, Nico e Antón)
Infantil 3 (Antón, Nico e Mauro) - CD Areosa 0
CD Lugo 1 - Infantil 2 (Sergio e un futbolista rival en propia meta)
Infantil 5 (Borja -3- e Casuso -2-) - ED Val Miñor Nigrán 2