RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil inicia con triunfo ante o Ural Español CF a Liga Galega

O Infantil arrincou con triunfo en Abegondo (3-0) ante o Ural Español CF a súa andaina no subgrupo B norte da Liga Galega. Mosquera, Íker Casuso e Janusz foron os autores dos goles branquiazuis.

Infantil: Rodrigo, Xoel, Íker Fernández, Guille, Janusz, Abel, Rubén, Frank, Íker Casuso, Mosquera e Hugo. Tamén xogaron: Balbas, Diego, Iago, Marcos e Lucas.

O equipo que prepara Miguel Figueira ten estes rivais iniciais no subgrupo B norte da Liga Galega: Racing de Ferrol, Galicia Caranza, SDCR Narón O Freixo, SD O Val, SDC Residencia, CD Castro, SD Viveiro, CD Lugo, Ural Español CF, San Tirso SD e Oza Juvenil SD.

Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son pois 22 xornadas. O cinco primeiros xogarán a Fase de Ascenso á División de Honra e Título co cinco primeiros clasificados do subgrupo A norte. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.

A próxima fin de semana, o Infantil visitará ao CD Lugo na segunda xornada ligueira.