RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Infantil proclámase campión galego da categoría

O Infantil do RC Deportivo proclamouse campión da Liga Galega no campo do Roxo (Cerceda) ao derrotar (2-1) na final ao CD Conxo Santiago, verdugo do RC Celta en semifinais.

A primeira metade finalizou sen goles. Tralo paso polos vestiarios, Leandro puxo en vantaxe aos branquiazuis e Diego posteriormente deron o título aos deportivistas, que se suman así ao Cadete, campión da División de Honra.

Infantil: Rodrigo, Guille, Xoel, Íker, Janusz, Abel, Leandro, Mosquera, Rubén, Marcos e Hugo. Tamén xogaron: Xabi Campos, Lucas, Diego, Yago e Joel.

A nota triste do encontro foi a lesión nunha boneca de Abel, ao que o RC Deportivo desexa unha pronta recuperación.

Nas semifinais, o cadro branquiazul tombou ao ED Val Miñor Nigrán (3-0), a partido único disputado en Abegondo, en casa do equipo mellor clasificado, o conxunto deportivista, campión do subgrupo norte; posto que os vigueses foron segundos do subgrupo sur.

O Infantil certificou tamén o ascenso para a temporada 2022-23 á recentemente creada División de Honra.

O único equipo de #ANOSACANTEIRA que estaba en competición oficial a estas alturas da temporada pecha así unha brillante temporada.

Os resultados do Infantil nesta fase foron os seguintes:

Segunda Fase
Bergantiños CF 0 - Infantil 1 (Janusz)
Infantil 11 (Leandro, Mosquera, Iker Fernández, Iker Casuso, Hugo -2-, Diego, Frank e Lucas -3-) - Victoria FC 0
Bertamiráns FC 0 - Infantil 2 (Leandro -2-)
Infantil 7 (Iker Casuso -4-, Mosquera, Borja e Hugo) - Cidade de Ribeira CF 2
CD Conxo Santiago 2 - Infantil 2 (Janusz e Iker Fernández)
Infantil 9 (Janusz, Marcos -3-, Rubén, Iker Fernández, Diego -2- e Lucas) - Bergantiños CF 0
Victoria FC 2 - Infantil 4 (Janusz -2-, Marcos e Balbas)
Infantil 5 (Janusz -2-, Rubén, Leandro e Diego) - Bertamiráns FC 2
Cidade de Ribeira CF 0 - Infantil 6 (Janusz, Rubén, Marcos, Diego e Lucas -2-)
Infantil 5 (Diego -2-, Leandro, Hugo e Marcos) - CD Conxo Santiago 0

Semifinal
Infantil 3 (Leandro, Diego e Marcos) - ED Val Miñor Nigrán 0

Final
Infantil 2 (Leandro e Diego) - CD Conxo Santiago 1